ANALIZAMOS CON PANCHO CASAL O IMPACTO DO ESTALEIRO 4.0 NO BARRIO DE CARANZA

Onte, mércores 22 de maio, Marea de Ferrol mantivo un encontro veciñal no CC Caranza, no que nos acompañou Pancho Casal, deputado de En Marea no Parlamento Galego, para informar sobre o impacto do Estaleiro 4.0 e o dique seco cuberto sobre o barrio de Caranza.

Este encontro organizouse en resposta ás preocupacións a este respecto que a A.VV de Caranza nos trasladou na xuntanza que mantivemos no mes de abril.

Ler máis

MAREA DE FERROL REÚNESE CO ASOCIACIONISMO DEPORTIVO E VISITA O MERCADO DE RECIMIL

Onte, martes 21 de maio, Marea de Ferrol mantivo un encontro co movemento asociativo deportivo, nas insatalacións do Club Ría de Ferrol.

Na liña das xuntanzas que levamos mantendo nestas últimas semanas con diferentes movementos asociativos, tanto territoriais como sectoriais, escoitamos as demandas que se fan desde o eido do deporte, entre as que se atopan os problemas que se atopan á hora de xestionar as subvencións municipais, unha cuestión que preocupa a todas as asociacións coas que vimos falando. Ademáis, recollimos a necesidade de renovar os convenios suscritos co Concello, que a área de deporte conte cun orzamento propio, tanto para mantemento como para investimento, e unha maior asignación de persoal, que a día de hoxe considérase totalmente insuficiente.

Ler máis

MAREA DE FERROL E A EURODIPUTADA LIDIA SENRA XÚNTANSE COS OPERADORES DE MERCADOS E MODEPEN

A eurodeputada Lídia Senra, candidata de En Marea – Compromiso por Europa ás eleccións europeas do 26 de maio, estivo este luns pola tarde en Ferrol, no local da Marea de Ferrol, acompañada por membros da candidatura municipal, onde mantivo dúas reunións: Unha primeira con operadores dos mercados da cidade (A Magadalena, Caranza e Recimil) e unha segunda con membros do Movemento Galego pola Defensa das Pensións Públicas (MODEPEN).

Ler máis

MAREA DE FERROL, ACOMPAÑADA POR LUÍS VILLARES, MANTÉN UNHA XUNTANZA CO CENTRO COMERCIAL ABERTO

Onte sábado 18 de Maio, Marea de Ferrol contou coa visita de Luís Villares, voceiro de En Marea no Parlamento Galego.

Na súa compaña, visitamos o Mercado da Magdalena, para conversar cos vendedores e vendedoras e coa cidadanía. Alí o voceiro de En Marea destacou a “clara vocación industrial” dunha cidade que precisa de incentivos dende o ámbito municipal. “Por iso a Marea de Ferrol está comprometida coa creación dun viveiro de empresas que permita promover espazos de ámbito local capaces de seguir xerando oportunidades de emprego”, explica Villares. Que reivindica administracións locais activamente involucradas coas políticas laborais.

Ler máis

NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Na xornada do Día das Letras Galegas, Marea de Ferrol realizou unha ofrenda floral na Praza de Rosalía de Castro, ademais de participar na Concentración organizada pola Plataforma Queremos Galego.

Durante a ofrenda floral, leuse un manifesto no que se reflexionaba sobre a falta de garantías do dereito a vivirmos na nosa lingua, dereito avalado por diversos organismos internacionais entre os que se atopa o Consello de Europa:

Ler máis