ACORDOS DA COMISIÓN ELECTORAL

28/02/2019: ACTA DA PROCLAMACIÓN DEFINITIVA DE RESULTADOS DAS ELECCIÓN DE PRIMARIAS

A Comisión Electoral, reunida o 28 de febreiro, realiza, cumprindo o calendario electoral, a proclamación definitiva de resultados das eleccións de primarias:

  • No proceso participaron un total de 43 votantes, que representan o 64% do censo electoral.
  • Os resultados das votacións foron como seguen:
    • Cabeza de lista: Bernardo Lorenzo Cuétara. 40 votos a favor, 2 votos en branco, 0 votos en contra.
    • Lista postos 2-25:
      1. Lucía Vizoso Amado: 39 votos
      2. Bárbara Primo Pérez: 35 votos
      3. Ismael González Bouza: 34 votos
      4. María del Carmen Isasi Varela: 30 votos
      5. Fernando Ramos Armesto: 24 votos
      6. Nicasio Malde Fernández: 23 votos
      7. Bernardo Lorenzo Cuétara:  23 votos (só tido en conta no caso de non ter obtido ningún voto a favor como cabeza de lista)
  • Nos días posteriores á votación, Fernando Ramos Armesto comunica a esta Comisión Electoral a súa renuncia a formar parte da lista electoral.

Por conseguinte, despois de aplicar os criterios correctores para a elaboraciñon da candidatura, o resultado definitivo das eleccións de primarias é o seguinte:

  1. BERNARDO LORENZO CUÉTARA
  2. LUCÍA VIZOSO AMADO
  3. ISMAEL GONZÁLEZ BOUZA
  4. BÁRBARA PRIMO PÉREZ
  5. NICASIO MALDE FERNÁNDEZ
  6. MARÍA DEL CARMEN ISASI VARELA

A Comisión Electoral lembra a todas as inscritas que, segundo o aprobado no Regulamento de Primarias, o resto de postos necesarios ata alcanzar o mínimo de 28 persoas precisas para conformar a candidatura municipal escolleranse entre as persoas integrantes de Marea de Ferrol na vindeira Asemblea Xeral.

En Ferrol, a 28 de febreiro de 2019

——

12/02/2019: ACORDOS SOBRE PRAZOS DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS

A Comisión Electoral, reunida o martes 12 de febreiro ás 11.00 horas, acordou as seguintes cuestións en canto aos prazos de presentación de candidaturas:

  1. O prazo de presentación de candidaturas remata o domingo 17 ás 23.59 horas.
  2. Acéptase que se envíen as candidaturas escaneadas ao correo electrónico mareadeferrol@gmail.com dentro do prazo, sempre e cando se entregue o documento orixinal antes do mércores 20 de febreiro ás 12.00 horas.
  3. Para facilitar a presentación do maior número de candidaturas, tamén se acepta non ter presentados os avais no prazo límite do 17 de febreiro, sempre e cando este feito se subsane antes do mércores 20 de febreiro ás 12.00 horas.
  4. Para entregar a documentación orixinal, a persoa de contacto é Marité Riveira, no teléfono de contacto 609 031 470.