O pasado mércores
24 de abril, Marea de Ferrol mantivo unha xuntanza coa AA.VV. Caranza, seguindo
coa súa rolda de comunicación e diálogo co tecido asociativo ferrolá.
O soterramento
das liñas de alta tensión, as dificultades de aparcamento na zona do Auditorio,
a recuperación do xardín botánico como zona verde pública, as melloras nos
accesos e dotacións da praia, a falta de instalacións deportivas axeitadas, ou
a necesidade dun centro social para as persoas maiores do barrio, foron
algunhas das preocupacións e problemas específicos do barrio que as veciñas de
Caranza nos trasladaron.
Desde Marea de
Ferrol volvemos a constatar a necesidade de recuperar os programas de
participación cidadá como mecanismo imprescindible para convivir en verdadeira
democracia na cidade, construíndo unha muralla cidadá que permita frear o
avance das políticas de dereitas, e fomente a unidade estratéxica das forzas
progresistas da cidade.