ENCONTRO CO MOVEMENTO ASOCIATIVO DO BARRIO DA MAGDALENA

Na tarde do xoves 16 de maio, Marea de Ferrol mantivo un encontro no CC Torrente Ballester con diversas asociacións asentadas no Barrio de Magdalena, como Toxos e Froles, a Acociación de Hostalería, Cáritas, ou a Xunta Xeral de Confrarías da Semana Santa.

Falouse da necesidade de pensar colectivamente no futuro do barrio da Magdalena, e sobre distintos aspectos que o afectan de forma particular: PXOM, acceso dende a saída da autoestrada (convenio de Defensa), peonalización, orzamentos participativos, plans de dinamización comercial, incentivos para a creación cultural…


Estivemos de acordo en que é fundamental o establecemento de redes entre entidades de diversos ámbitos, transversalizando cuestións como cultura, comercio, hostalería e atención social.

Queremos destacar que, sendo todas as asociacións de moi diferentes ámbitos de actuación, foi moi doado dialogar entre todas. Unha vez máis constatamos que a falta de comunicación e diálogo imperante nos últimos anos é nada máis que unha falta de vontade política e de absoluta desidia.