MAREA DE FERROL REÚNESE CON DIVERFEC

Na mañá do xoves 16 de maio, Marea de Ferrol xuntouse coa Asociación Diversidade Funcional Diverfec.

Unha vez máis, puidemos constatar o desleixo da xestión municipal dos últimos anos.

Entre outras moitas cousas, o colectivo demanda que se leve a cabo a tramitación e aprobación da ordenanza municipal de accesibilidade para a vida independete. Resulta imprescindible cumprir a lexislación vixente, que se vulnera sistematicamente en cuestións tan fundamentais como a accesibilidade no transporte público, nas paradas de autobús, nos parkings, nos equipamentos municipais de todo tipo (cultural, deportivo…), ou nas instalacións hospitalarias e educativas.

Así mesmo, resulta imprescindible ampliar o convenio co Concello, posto que o actual e absolutamente pírrico.
Como vimos constatando en cada xuntanza que mantivemos co tecido asociativo, todos estes anos acusouse unha grande falta de interlocución e visibilidade no Concello de Ferrol.