CONTINUAMOS AS XUNTANZAS COA VECIÑANZA DO RURAL

Onte mércores 15 de maio, Marea de Ferrol continuou as súas xuntanzas con diversas asociacións de veciñanza da zona rural de Ferrol, concretamente a de San Salvador de Serantes, A Cabana e A Graña.

Ademáis de explicar en todos os casos as nosas propostas relacionadas co ámbito da zona rural e con aqueles servizos que o concello debe prestar ao conxunto do territorio, puidemos recoller as demandas e preocupacións máis latentes en cada parroquia.

Ler máis

PRESENTAMOS O NOSO PROGRAMA ELECTORAL ABERTO

Hoxe sábado 11 de maio, ás 12.30 horas, Marea de Ferrol presentou o seu programa electoral tanto aos medios de comunicación como á veciñanza que se achegou ata o local electoral, sito na R/Dolores nº 20.

Lucía Vizoso, Bernardo Lorenzo e Bárbara Primo, compoñentes da candidatura veciñal que presenta Marea de Ferrol ás eleccións municipais do próximo 26 de maio, destacaron o carácter aberto deste programa, que foi elaborado nos últimos meses no seo da organización, mais está sendo contrastado coas diferentes aociacións, nomeadamente veciñais, coas que se leva reunindo nas últimas semanas.

Continue reading “PRESENTAMOS O NOSO PROGRAMA ELECTORAL ABERTO”

MAREA DE FERROL ENTREVÍSTASE COA AA.VV. COVAS E A SGHN

O pasado xoves 9 de maio, a candidatura veciñal da Marea de Ferrol tivo unha entrevista coa directiva da A.VV. de Covas. Ademáis de explicar as nosas propostas relacionadas co ámbito da “zona rural” e con aqueles servizos que o concello debe prestar ao conxunto do territorio, puidemos recoller as demandas e preocupacións máis latentes da parroquia, que nos foron entregadas nun exhaustivo dossier.

Continue reading “MAREA DE FERROL ENTREVÍSTASE COA AA.VV. COVAS E A SGHN”

HOMENAXE A MEL SANXOÁN DURANTE A PRESENTACIÓN DA CANDIDATURA

Onte venres 3 de maio, Marea de Ferrol presentou na súa sede electoral, sita na Rúa Dolores 20, a súa candidatura para as eleccións municipais do vindeiro 26 de maio.

No transcurso do acto de presentación, realizouse unha lembranza e sentida homenaxe ao noso finado compañeiro Mel Sanxoán, membro fundador do noso proxecto político e grande defensor da participación cidadá, no cabodano do seu pasamento. Coa presenza da súa muller e fillos, Marea de Ferrol inaugurou a sala principal do seu local co seu nome.

Continue reading “HOMENAXE A MEL SANXOÁN DURANTE A PRESENTACIÓN DA CANDIDATURA”

MAREA DE FERROL ANALIZA EN RADIO VOZ OS RESULTADOS DO 28A

Bernardo Lorenzo Cuétara volveu participar en Radio Voz, nesta ocasión convidado para analizar os resultados das eleccións xerais e a súa posible extrapolación cara ás eleccións municipais do 26 de maio. Participaron tamén as candidatas de Ligando, Sentimiento Ferrolano e Coalición de Centro Democrático. Podes escoitalo aquí:

Ir a descargar

MAREA DE FERROL MANTÉN UNHA XUNTANZA COA AA.VV. CARANZA

O pasado mércores 24 de abril, Marea de Ferrol mantivo unha xuntanza coa AA.VV. Caranza, seguindo coa súa rolda de comunicación e diálogo co tecido asociativo ferrolá.

O soterramento das liñas de alta tensión, as dificultades de aparcamento na zona do Auditorio, a recuperación do xardín botánico como zona verde pública, as melloras nos accesos e dotacións da praia, a falta de instalacións deportivas axeitadas, ou a necesidade dun centro social para as persoas maiores do barrio, foron algunhas das preocupacións e problemas específicos do barrio que as veciñas de Caranza nos trasladaron.

Desde Marea de Ferrol volvemos a constatar a necesidade de recuperar os programas de participación cidadá como mecanismo imprescindible para convivir en verdadeira democracia na cidade, construíndo unha muralla cidadá que permita frear o avance das políticas de dereitas, e fomente a unidade estratéxica das forzas progresistas da cidade.

MAREA DE FERROL REÚNESE COA AA.VV. FERROL VELLO

Marea de Ferrol continúa a rolda de contactos coas entidades sociais ferrolás de base territorial e sectorial, dialogando en torno ás preocupacións e inciativas do tecido asociativo do concello, e contrastándoas coas nosas propias propostas programáticas.

O luns 22 de abril xuntámonos coa Asociación de Veciñas de Ferrol Vello, no local seu local social.

Continue reading “MAREA DE FERROL REÚNESE COA AA.VV. FERROL VELLO”